Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé de pedra en Moaña con vistas e piscina

Ref: 4509
Chalé Independente
449 m2 construidos.
268 m2 de xardín.
717 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 500.000 €
Habitacións. . . . 7
Baños. . . . 5
Trasteiro. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Piscina privada. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Espectacular chalé de pedra en Moaña, con piscina e vistas, en perfecto estado de conservación e con zonas verdes e exteriores.
Descrición
Chalet no Broullón, zona alta de Moaña, nunha contorna residencial moi tranquilo, con excelente orientación ao sol, vistas abertas á ría e acceso rápido á vía rápida do Morrazo.

Construído en pedra de granito e distribuído en tres plantas, o inmoble destaca pola súa amplitude, luminosidade e versatilidade dos espazos, xa que permite dispoñer dunha vivenda principal e outra independente en planta baixa.

A planta principal, cunha superficie de 143 m² á que se accede directamente desde o portal cunha entrada colonial con escaleiras. Alberga un amplo salón-comedor con cheminea conductora de calor ás habitacións e balcón con vistas despexadas ao mar, unha gran cociña totalmente equipada, con pedra pulida negro Galaxy, con espazo para comer e acceso á zona de lavandaría, ademais de tres dormitorios con armarios encaixados (un deles con baño propio con ducha) e un baño xeral con bañeira.

Desde esta planta accédese interiormente á planta baixo cuberta de 34 m², onde se atopa unha acolledora e amplísima sala de estar aberta á escaleira, un dormitorio independente, un baño con ducha e unha terraza con vistas panorámicas, con teitos abouxados revestidos con friso de madeira barnizada.

A planta en semisoto, de 3 metros de altura, é completamente independente do resto da vivenda (accédese unicamente desde o exterior). Nela atopamos un salón-comedor aberto á entrada, unha cociña independente equipada e tamén de gran tamaño, tres dormitorios (dous con armarios encaixados e un con baño en suite con ducha), un baño xeral completo, zona de lavandaría e un pequeno rocho interior, ademais doutro rocho exterior xunto á porta de acceso.

A vivenda conta con calefacción central por gasóleo e a auga quente sanitaria tamén pode ser mediante a caldeira de gasóleo ou por termo eléctrico. Todas as estancias son exteriores, con ventás ou portas balconeiras, sempre de PVC, dobre cristal e oscilobatentes.

Ten pozo de barrena e está conectada ao servizo de traída municipal para poder dar de alta en calquera momento.

Dispón de instalación eléctrica trifásica.

No exterior, a finca conta con zonas axardinadas, acceso rodado a un aparcadoiro cuberto desde o portal de entrada, dous cenadoiros, un deles fronte á porta principal con grellada de pedra e comedor cuberto, adega baixo a zona de aparcadoiro onde se localiza a instalación de calefacción por gasóleo e o termo eléctrico

Ademáis completa o inmoble unha piscina de 34 m², de poliéster, con zona verde, xunto a un fermoso xardín rochoso con estanque natural, todo isto con vistas abertas ao mar e á natureza desde practicamente todas as estancias.