Apartamento para reformar, no barrio de Nazaret, no pleno centro de Cangas, totalmente exterior e moi luminoso.
Descrición
Vivenda dispoñible á venda no
centro de Cangas, no barrio de Nazaret, para
reformar (cociña e instalación eléctrica principalmente), moi
luminosa con estancias á fachada leste e tamén á fachada oeste en zona tranquila, ao lado do colexio de Nazaret e a escasos minutos a pé do centro, permitindo acceder cómodamente aos seus servizos (Mercado Municipal, Estación Marítima, praia de Rodeira, etc.)
Está distribuída en cociña
independente, sala de estar, dous dormitorios e un baño con ducha. Todas as estancias
exteriores. Xanelas
cambiadas, corredeiras e de dobre cristal.
O apartamento atópase nun edificio sen ascensor e sen praza de garaxe (con permiso de aparcamento no barrio para os residentes empadroados).
Non conta con calefacción.