|
Piso con garaxe na Pedra Alta, Cangas
Ref: 4437
Apartamento
47 m2 construidos.
Bo estado
Planta 4
Habitacións. . . . 1
Baños. . . . 1
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente
Vivenda ben situada, dun dormitorio, con cociña americana, galería, ascensor, garaxe e rocho, preto de servizos en Cangas
Descrición
Este apartamento atópase na zona da Pedra Alta (xunto á rotonda dos mexillóns), unha localización onde disporás de supermercados, farmacias, hostalaría e outros servizos a poucos metros.
Ademais, conta con bo acceso tanto á vía rápida como a Estación do Barco, de Autobuses e Mercado de Cangas, o que facilita a mobilidade e o goce da contorna.
A vivenda está orientada ao noroeste e desde a súa galería pódense contemplar vistas cara á zona de San Roque.
A súa distribución é funcional e está ben aproveitada, cun dormitorio con armario encaixado, un salón con cociña e un baño con bañeira. Tanto desde o dormitorio como desde a cociña accédese a unha galería.
Dispón de calefacción por acumuladores eléctricos e a auga quente sanitaria funciona mediante acumulador eléctrico.
O piso inclúe praza de garaxe e rocho. O edificio dispón de ascensor, aínda que este non ten acceso directo ao garaxe.
Unha vivenda práctica, ben situada e completa con garaxe e ascensor.
|
|
|
|
|
|