Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento con terraza en Cangas

Ref: 4386
Ático
67 m2 construidos.
Impecable
Planta 3
Venda: 212.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Gas natural
Aire acondicionado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Bonito apartamento, en impecable estado, na rúa Enseñanza, Cangas, con gran terraza, 2 dormitorios, 2 baños, ascensor, garaxe e rocho. Tamén con calefacción e aire acondicionado.

Descrición
Véndese este encantador ático en Cangas, na rúa Ensinanza, zona tranquila, en perfecto estado, sen apenas ruído, xunto ao Colexio Cía. de María, e ao pé da Avda da Coruña.

Distribúese nunha sala con acceso a través de dúas saídas con portas balconeiras a unha gran terraza; cociña independente equipada; dous dormitorios, un deles principal, con armario encaixado e baño propio con bañeira; outro dormitorio secundario e un baño máis xeral con ducha.

Todas as estancias son exteriores (agás os baños), orientadas ao sur, asolladas todo o día, na planta superior do edificio, abufardado, sen molestias e con vistas totalmente despexadas.

A sala ten sistema de aire acondicionado e hai un ventilador nos dous dormitorios. As fiestras son oscilobatientes de dobre acristalamento nas entradas á terraza e Velux na cociña e dormitorios. Dispón de calefacción e auga quente sanitaria por gas natural e o edificio conta con placas solares para abastecer tamén de auga quente sanitaria.

O edificio ten chanzos dende o portal de entrada ate o ascensor, pero conta cunha plataforma elevadora, e desde o garaxe é totalmente accesible ata o ascensor que sube directamente á vivenda.

Conta con ascensor e véndese con praza de garaxe amplia e con rocho.

O prezo de venda non inclúe mobles nin electrodomésticos (só cociña, forno e lavalouzas). Posibilidade de venda amoblado e con electrodomésticos (consulta prezo).