Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa á venda en San Roque, Cangas

Ref: 4379
Casa
254 m2 construidos.
Venda: 275.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con garaxe e xardín. A un paso do centro urbano de Cangas.

Descrición

Esta casa pareada, situada no Camiño Vello, en San Roque, Cangas, ofrece a tranquilidade dunha zona residencial moi preto do centro urbano.

Na planta baixa, conta cun amplo garaxe con espazo para 2 ou máis coches. Subindo unhas escaleiras, accedemos á primeira planta, onde atopamos un luminoso salón con acceso a unha terraza con vistas despexadas, tres dormitorios, unha cociña moi ampla e un baño.

Dende a cociña, pódese baixar ao xardín a través doutras escaleiras, ofrecendo un espazo exterior ideal para o desfrute.

A casa tamén conta cun pozo propio e non está conectada á traída de auga municipal.

O baixo cuberta está lóbrego, ofrecendo a posibilidade de adaptalo para crear estancias adicionais. Ademais, dende o baixo cuberta, hai acceso a un balcón con vistas despexadas.

A calefacción e a auga quente sanitaria son por gas natural.

A localización da vivenda ofrece boa conexión tanto para acceder ao centro da vila como para coller a vía rápida ou achegarse ás praias da zona.