Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa-solar no centro urbano de Moaña

Ref: 4315
Casa
296 m2 construidos.
190 m2 de parcela.
Venda: 325.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con garaxe, terraza e zonas exteriores. A 300 m da Praza de abastos.

Descrición

Casa-solar á venda no centro urbano de Moaña, distribuída en tres plantas.

Con posibilidades de construción para un edificio de 10 vivendas distribuidas en planta baixa, primeira planta e planta baixo cuberta. Sendo ademais, chave para o aproveitamento da leira posterior.

Na planta baixa, anteriormente utilizada como panadaría, atoparás un espazo amplo para recepción de clientes, outra zona cun forno e unha cociña, e outro espazo que se pode usar como almacén, no que ademais atopamos un baño.

Na primeira planta, a casa dispón dun salón con acceso a un pequeno balcón, unha cociña con acceso a unha terraza, unha salita, catro habitacións e unha pequena habitación adicional. Tamén atopamos un amplo baño con ducha.

O baixo cuberta ten suficiente altura para crear novas estancias, aínda que non está preparado actualmente. Desde o baixo cuberta accédese a unha terraza grande con vistas á ría.

A propiedade tamén conta cunha zona exterior cun lavadoiro, garaxe para un coche e ten conexión á traída municipal de auga. Ademais, ten un pozo en desuso, non dispón de calefacción e a auga quente sanitaria é mediante termo eléctrico.

Todo o contido da casa véndese xunto coa propiedade.

A casa atópase a 300 metros da Praza de abastos de Moaña, a 20 km de Vigo e a 25 km de Pontevedra.

Esta casa ofrece unha excelente oportunidade para quen busca unha casa no centro de Moaña con múltiples posibilidades, tanto como vivenda propia como para investimento, coa posibilidade de instalar un negocio na planta baixa ou alugala.