Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa en San Roque á venda con xardín

Ref: 4313
Casa
243 m2 construidos.
300 m2 de xardín.
504 m2 de parcela.
Para reformar
Venda: 275.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Cerca do centro de Cangas, casa para reformar con amplo xardín, garaxe e vistas ao mar.

Descrición

Presentamos esta ampla casa á venda con vistas ao mar, orientada ao sur e asollada todo o día, situada a tan só un quilómetro do centro de Cangas, na tranquila e ben conectada zona de San Roque.

A propiedade require reforma e destaca polo seu gran tamaño e versatilidade, sendo ideal para unha familia numerosa, para varias familias, ou incluso como un excelente investimento para converter en varios apartamentos.

A distribución da casa é a seguinte: na planta baixa atopamos unha habitación, un salón, unha saliña, unha cociña e un baño con ducha.
Na primeira planta, atópanse tres habitacións, un salón, un baño con ducha e unha saliña.
O baixo cuberta está sen preparar, pero ten altura suficiente para crear novas estancias e ampliar a vivenda.

A casa non dispón de calefacción, pero conta con auga quente sanitaria mediante termo eléctrico.

Ademais, ten un garaxe para un coche e diversas estruturas exteriores que poden ser utilizadas como almacéns.

O xardín, con máis de 300 m², chairo e asollado, ofrece amplas zonas verdes ideais para o esparexemento e o disfrute ao aire libre.

Situada a 30 km de Pontevedra e de Vigo e a 1 km da Praia de Areamilla.


Esta propiedade é unha gran oportunidade para aqueles que buscan unha vivenda grande e versátil nunha zona tranquila e ben comunicada, preto do centro de Cangas.