Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local na zona vella de Cangas en alugueiro

Ref: 4309
Local Comercial
54 m2 construidos.
Acondicionado
Aluguer: 450 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Ubicado en esquina, entre rúa do Sol e rúa Lirio, nunha zona con movemento peonil e negocios en activo

Descrición

Ubicado nunha zona con movemento peonil, na esquina entre rúa do Sol e rúa Lirio, este local comercial é unha oportunidade para establecer o teu negocio no pleno corazón da zona vella de Cangas e rodeado doutros negocios en activo.

O local está recentemente acondicionado e presenta un espazo versátil perfecto para diversas actividades comerciais.
Anteriormente utilizado como tenda de artigos de festa, o local conta cun pequeno cuarto para almacenamento e outro apartado adicional, ideal para usos diversos.
Dispón tamén dun grifo con auga para maior comodidade.

A ubicación en esquina e as catro amplas xanelas, xunto coa porta translúcida, permiten unha excelente entrada de luz natural, creando un ambiente luminoso e agradable para os clientes.
A visibilidade dende a rúa é excelente, o que garante un fluxo constante de potenciais clientes.

Este local comercial, acondicionado e versátil, é ideal para tendas, oficinas, estudos ou calquera outro tipo de negocio que busque un espazo funcional e ben situado en Cangas.

A parte arrendataria debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais, é dicir, dúas mensualidades.