Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local de 3 plantas en 1ª liña comercial, Cangas

Ref: 4130
Local Comercial
255 m2 construidos.
Para reformar
Aluguer: 2.500 €/mes
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Dispoñible en alugueiro comercial, local en Cangas, en primeira liña de zona comercial peonil, de 3 plantas e con grandes escaparates.
Descrición
Local comercial dispoñible en alugueiro en Cangas, en primeira liña de zona comercial principal e peonil, na rúa Eugenio Sequeiros, á beira do Mercado Municipal e en fronte á Alameda Nova, rodeado de todo tipo de negocios comerciais como bancos, restaurantes e cafetarías, hoteis, etc.

O local distribúese en 3 plantas: un soto como almacén; unha planta baixa enorme e con moita altura, con escaparates á rúa Eugenio Sequeiros e Santa Baia, con moitísima luz natural con orientación sur; e unha primeira planta coa mesma distribución que o baixo. Require reforma e é necesario realizar a comunicación interior entre as plantas.

A parte arrendataria debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato, imprescindible a presentación de aval bancario ou garantía similar.