Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Espectacular chalé de pedra en Cangas

Ref: 4091
Chalé Independente
490 m2 construidos.
354 m2 útiles.
2.158 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 750.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Radiante
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Con excepcionais vistas á Ría de Vigo e á montaña e asollado todo o día

Descrición

Chalé de pedra situado en San Roque, Cangas, no alto do Monte do Elefante, con espectaculares vistas á Ría de Vigo, nunha zona moi tranquila e excepcionalmente asollada desde a que se divisa ao completo o pobo de Cangas e a súa contorna.

Todo exterior, conta cunha parcela de 2.158 m2, na que se asenta o inmoble e os seus anexos. A vivenda ten unha superficie construída de 490 m2 aproximadamente.

Atópase nun estado impecable e listo para entrar a vivir. Consta de soto, planta baixa e primeira planta, ademais de espazo-cenador con asador, zonas de rega por toda a parcela, ducha no xardín, tendal cuberto e varias especies de froiteiras (maceiras, kiwis, ciruelos, peral, mirabel, etc).

A planta de soto, destinada a garaxe para dous vehículos, tamén conta cunha zona ampla para lavandaría, almacén, un aseo e armarios.

Na planta baixa, á que se accede mediante escaleiras, atopámonos un amplísimo salón, a cociña independente con todo tipo de electrodomésticos, un salón-comedor máis pequeno, un aseo, unha habitación que agora mesmo é un estudo ou oficina e un amplo espazo que se destinou despois dunha reforma a salón para grandes reunións e comidas familiares ou doutro tipo. Gran parte da planta baixa atópase rodeada por un gran soportal desde o que se pode contemplar toda a Ría de Vigo e a montaña, con sol todo o día.

Por escaleiras interiores chegamos á primeira planta, que se distribúe en tres amplos dormitorios, todos exteriores, cunha fermosa terraza asollada e con vistas, un espazo para comedor e dous baños con ducha.

A inmoble conta con dous pozos de auga (un para a auga sanitaria e o outro para a zona de rega do xardín).

Dispón de alarma, persianas de seguridade e chans de madeira de carballo, así como os armarios.

A calefacción é a través de chan radiante, do mesmo xeito que a auga quente sanitaria (ACS), sendo ambos a través da caldeira de gasoil que se atopa na planta de soto.

Dispón dun muro de pedra de contención ao redor de toda a leira e portal de entrada automático.