Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Amplo local comercial no centro de Cangas

Ref: 3978
Local Comercial
253 m2 construidos.
Acondicionado
Aluguer: 1.650 €/mes
Baños. . . . 2
Garaxe. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

De 253 m2 aproximadamente, nunha zona moi comercial do centro de Cangas e acondicionado

Descrición

Local en aluguer en pleno centro de Cangas, rodeado de actividade comercial, moi visible, con ampla fachada e escaparates, de 253 m2 aproximadamente e totalmente acondicionado (luz, auga, alarma, etc).

A pé de rúa, cun espazo totalmente aberto dende a entrada, con dous enreixados de seguridade. Dispón de luz, auga, alarma, dous baños e un espazo rocho para almacenaxe.

Conta cunha porta traseira, que dá acceso á parte de atrás do edificio, sendo esta un espazo moi cómodo para carga e descarga e servindo dita porta, tamén como saída de emerxencia.

Dispón de varios estantes, ademais de diferentes expositores e mostradores.

Con posibilidade dunha praza de garaxe moi cómoda no propio edificio.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.