Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso exterior na Avda. de Vigo

Ref: 3898
Piso
82 m2 construidos.
Bo estado
Planta 3
Venda: 150.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Vivenda en fronte ao parque de Nazaret, na Avda. de Vigo, de 2 dormitorios e 2 baños, con ascensor, garaxe e rocho.

Descrición
Piso sito na Avda. de Vigo, en fronte ao parque de Nazaret, a escasos minutos a pé do Mercado Municipal e perfectamente comunicado coa estrada que accede á Vía Rápida.

Distribúese nun salón totalmente exterior con dúas xanelas a fachada norte e oeste aberto á entrada da vivenda, cociña independente con lavadoiro anexo, estancias tamén exteriores, dous dormitorios e dous baños, un con prato de ducha e outro con bañeira.

Vivenda moi luminosa, sita nunha terceira planta. Conta con bo illamento con xanelas de dobre cristal e ademais oscilobatientes.

A calefacción é eléctrica mediante acumuladores e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.

O edificio conta con ascensor que accede até o soto de garaxes e ademais é totalmente accesible.

O prezo de venda inclúe a vivenda amoblada e con electrodomésticos. Véndese con praza de garaxe e rocho.