Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalé independente en Beluso, Bueu

Ref: 3889
Chalé Independente
130 m2 construidos.
1.700 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 370.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Zonas verdes. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente
Chalé Independente nos arredores da praia de Área de Bon, Beluso, con amplo xardín, leira, terrazas e moi asollado.
Descrición
Chalé con leira independente e pechada, a 10 minutos camiñando da praia de Area de Bon (Beluso, Bueu), sito nunha contorna envexable pola súa tranquilidade e privacidade, nunha zona de gran beleza natural.

Repártese en dúas plantas e un semisoto (como rocho, onde se gardan todos os accesorios do xardín, hamacas, etc.), contando cun soportal de entrada, a través do cal se accede á primeira planta onde se localizan o salón-comedor e a  cociña (comunicados entre si por un arco), dous dormitorios con armarios e baño xeral con bañeira.

A través da escaleira (aberta) accédese á segunda planta, con tres dormitorios e baño xeral con prato de ducha, e á gran terraza exterior desde a que se contempla toda a leira.

A leira, do mesmo xeito que a vivenda, é moi asollada e axardinada na súa totalidade, e conta ademais cunha zona de sombra con froiteiras, zona aberta asollada con piscina desmontable, asador e zona de parking á entrada.

A cociña é eléctrica e a auga quente sanitaria por butano. Conta con calefacción eléctrica.

A zona non conta con traída de auga municipal nin veciñal. O inmoble provisiónase mediante dous pozos sitos na leira. Igualmente, ao non ter servizo de rede de sumidoiros conta con fosa séptica sumidera no xardín.