Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Pazo do Xistro

Ref: 3845
Casa
337 m2 construidos.
6.335 m2 de parcela.
Para reformar
Venda: 695.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 1
Cual. Enerx.: Certificación pendente

O "Pazo do Xistro", unha casa tradicional galega á venda en Coiro, Cangas, con vivenda, muíño, pombal, hórreo e raposeira e máis de 6.000m2 de parcela chaira e asollada.

Descrición
Casa tradicional galega, de estilo barroco do século XVIII, coñecida popularmente como "Pazo do Xistro", con alto valor arquitectónico e patrimonial.

Propiedade sita na zona rural de Cangas, en Coiro, pegada á Ruta dos Muíños, privilexiada localización preto do centro e con boa comunicación, gozando á súa vez da absoluta tranquilidade do rural, en zona asollada e chaira.

A vivenda, de 367 metros cadrados (en medianeira con outra de iguais características), edificados en baixo, primeiro e baixo cuberta, con entrada por unha escalinata cuberta a través de patio, posúe un gran escudo na fachada e conta cunha excelente orientación sur, con estancias totalmente exteriores e balcóns de balaustrada de pedra que incrementan a luminosidade. Espazos de comunicación amplos e gran cheminea orixinaria de pedra en estancia principal que favorecen a sensación de amplitude e confort.

Ademais da vivenda, na parcela atópanse outras construcións tamén de alto valor, como un precioso muíño de río de pedra, un gran pombal rectangular, un hórreo e unha raposeira de pedra. Todo isto integrado nunha amplísima parcela de 6.090 metros cadrados, embelecida co curso do río e pontes, xardíns e numerosos arboles e arbustos.

Preciosa casa histórica, con excelente localización, contorna, orientación, tamaño, valor histórico e arquitectónico, etc. que necesita unha posta a punto para destinar tanto a vivenda como a negocio (casa rural, vodas e eventos, etc.).