Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso en Vilariño, ao lado da praia con garaxe

Ref: 3751
Piso
77 m2 construidos.
Bo estado
Venda: 137.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Segunda liña de praia. . . .
Calefacción: Acumuladores
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Vivenda en Vilariño, O Hio, ao lado da praia, 2 dormitorios, con ascensor, garaxe e rocho, en perfecto estado de conservación.

Descrición

Piso situado na rúa David Cal, en Vilariño, á beira da praia e con bo acceso á Vía Rápida.

Distribúese nun amplo salón comedor; cociña independente equipada, con lavalouzas e zona de lavadoiro, con xanela e acceso a un patio; dous dormitorios, un exterior, con armario encaixado e outro ao patio e 2 baños, un no recibidor de entrada con ducha e outro con bañeira entre os dous dormitorios.

Xanelas amplas de dobre cristal en toda a vivenda, o salón e dormitorio principal dan á rúa David Cal, orientación sur, moi asollado. Chans de madeira en todas as estancias menos cociña e baños.

Ten calefacción por acumuladores e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico.

O edificio ten ascensor que accede até o soto de garaxes e a vivenda véndese con trasteiro no portal de entrada e praza de garaxe.