Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Edificio na zona vella de Cangas

Ref: 3750
Casa
185 m2 construidos.
46 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 189.000 €
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Para reformar, composto de baixo, primeira planta, segunda planta e baixo cuberta con terraza

Descrición

Edificio para reformar en plena zona vella de Cangas composto por planta baixa, primeira planta, segunda planta e baixo cuberta con terraza, cun total de 185 m2 construídos, dos cales 177 m2 son útiles.

O baixo ten 39 m2, con entrada independente, ademais doutra dentro do portal do edificio, podéndose utilizar como local comercial ou garaxe.

A primeira planta dispón de 49 m2 útiles e actualmente está dividida en dúas estancias con xanela cara á rúa Benigno Soage (cociña e salón), ademais do baño.

A segunda planta, do mesmo xeito que a primeira, dispón de 49 m2 útiles e está dividida en tres estancias exteriores (dormitorios), ademais do baño.

O baixo cuberta conta con 40 m2 útiles, dividido en dous espazos e un baño, ademais dunha terraza orientada a norte.