Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa nos arredores de Cangas con vistas

Ref: 3746
Casa
290 m2 construidos.
232 m2 útiles.
90 m2 de xardín.
324 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 250.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Calefacción: Eléctrica
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: G
Situada na Magdalena, asollada todo o día, vistas panorámicas, exterior e con moi boa conexión coa vía rápida e o pobo.
Descrición

Casa situada na zona da Magdalena, con excelente comunicación coa vía rápida e o pobo, con vistas panorámicas sobre Cangas e á ría, tremendamente asollada todo o día e con todos os ocos exteriores.

Conta cun xardín en varios niveis cun total de 90 m2 (aprox.), con acceso a nivel da rúa e á vivenda a través do soportal de entrada. A parcela ten en total 324 m2 ocupados na maior parte pola construción, cun total de 290 m2 dispostos en tres andares.

A casa foi reformada no ano 1998 de forma integral (estrutura, fachadas, instalacións, tellado, etc), quedando na súa configuración actual de: semisótano, planta baixa (ambos con acceso a nivel da rúa) e baixo cuberta, todas elas acondicionados e comunicados interiormente.

O semisótano, ao que se pode acceder interiormente desde a planta baixa por escaleiras interiores ou desde fóra pola porta do garaxe, atópase nun estado impecable, conta con espazo para aparcadoiro de dous vehículos grandes (11,60m de profundidade), cun aseo de dúas pezas, asador, zona de cociña e moito espazo de almacenamento. Pola tipoloxía orixinal da construción (antigamente dúas casas pequenas de pedra en medianeira) conta ademais cun espazo de estar con acceso desde o exterior e acabado visto na pedra orixinal da casa.

A planta baixa, que é onde se dispón a maior parte do espazo acondicionado para vivenda, distribúese en tres dormitorios, sala de estar (zona de paso desde a entrada cara os dormitorios), dous baños con ducha, un na zona dos dormitorios e outro na zona da cociña e o comedor, espazo este que fai de punto de comunicación cara ás outras plantas da casa. Nesta parte da casa (zona de día; onde se sitúa a cociña e o comedor con xanela balconeira) é onde se atopa o acceso principal desde o exterior a través do soportal de entrada cuberto, e que exteriormente se une a través dunha beirarrúa con lousado de gres coa terraza situada á fronte e cunhas vistas espectaculares sobre Cangas e a ría de Vigo ao fondo.

Subindo por unhas escaleiras interiores (desde o comedor da planta baixa), chegamos ao espazo baixo cuberta, tamén reformado e composto por unha gran zona aberta e outro dormitorio extra, con espazos pechados para varios rochos interiores.

A calefacción da casa é a través de radiadores eléctricos e a auga quente sanitaria (ACS) por termo eléctrico, dispoñendo de subministración de auga de pozo e conexión á rede de sumidoiros.