Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Coworking media xornada en Cangas

Ref: 3294
Oficina
68 m2 construidos.
68 m2 útiles.
A estrear
Aluguer: 60 €/mes
Baños. . . . 1
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Local climatizado
Aire acondicionado. . . .
Cual. Enerx.: A

Aplicado 25 % de desconto durante 3 meses. Xornada de 6h de mañá ou de tarde. 

Descrición

Aplicado desconto do 25 % sobre a tarifa habitual (80 € + IVE). Promoción durante os 3 primeiros meses para contratos de mínimo 6 meses.

Posto de traballo en "Trebella: espazo de traballo",
para media xornada (6h), de mañá ou de tarde, nun espazo de coworking con zonas comúns e climatización. Situado nunha estancia impresionantemente luminosa, con 2 enormes ventás, sol directo de mañá e vistas abertas.

Mobiliario de calidade profesional. Equipado cunha mesa de traballo e unha silla directiva (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables).

Inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 1 xiga), climatización (aire quente e frío), seguro e gastos (luz, auga e lixo). IVE non incluído. Prezo pechado, sen imprevistos, para unha perfecta planificación.





Posto integrado en “Trebella” (espazo de traballo para empresas e profesionais creado por Lares), con acceso gratuito aos espazos comúns: sala de reunións capacitada tecnoloxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono), sala de espera e descanso, cociña (con frigorífico, microondas, cafeteira, despensa, etc) e baño adaptado. Local ben illado (fachada ventilada, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros con protección solar e acústica), coa máxima calificación enerxética: A. Instalacións de estilo e calidade que falarán de ti.

Trebella atópase en Rúa Andalucía 10, no centro de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da Propiedade, Notaría, INSS, Correos, Servicios Sociais e Auditorio Municipal.

TREBELLA.GAL