Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con vistas a ría de Aldán

Ref: 3119
Casa
305 m2 construidos.
240 m2 útiles.
100 m2 de xardín.
460 m2 de parcela.
Bo estado
Venda: 320.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Casa en venda en Cangas do Morrazo, con 130 m2, 5 habitacións, 3 baños e garaxe.
Descrición

Vivenda de grandes dimensións situada en Vilanova, na parroquia do Hío. A poucos minutos andando da praia de Area Brava.

Este inmoble está composto por planta baixa, primeira planta e baixo cuberta. A planta baixa está distribuida en cociña, salón comedor, 2 habitacións e un baño. Cociña amoblada con madeira en tonos claros, salón comedor espacioso e con porta a terraza, moi luminoso. Unha das habitacións ten cama de matrimonio e a outra xemelgas. O aseo nesta planta dispón de prato de ducha.

Na primeira temos unha cociña enorme en tonos brancos, con acceso o exterior e moi luminosa. Do mesmo xeito que o outro salón, o que tamén accedemos dende as escaleiras, e que é a entrada principal da casa. Nesta misma planta atópase a habitación principal, con terraza, vistas a ría e outros dous dormitorios, un deles con camas xemelgas. Ademáis de estas 5 estancias dispón de outros dous baños, un con bañeira e outro con prato de ducha.

A planta superior, o baixo cuberta, está totalmente lóbrego, pero ten unhas boas vistas e un montón de posibilidades.

A finca ten terreo con xardín, zona de aparcadoiro, balaustrada de pedra e un antigo hórreo.