Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Oficina con encanto na zona vella, Cangas

Ref: 2852
Oficina
53 m2 construidos.
Impecable
Planta 1
Aluguer: 285 €/mes
Baños. . . . 1
Calefacción: Acumuladores
Cual. Enerx.: E
Oficina en aluguer na rúa Valentín Losada, na zona vella de Cangas
Descrición

Oficina con moito encanto na rúa Valentin Losada, na zona vella de Cangas, dispoñible a partir de finales de agosto.

Situada no primeiro andar dun edificio de pedra rehabilitado, con ventás  balconeiras á rúa Valentin Losada que lle aportan moita luminosidade, e no interior as paredes de pedra e os teitos de madeira dan ao espazo un toque moi acolledor.

Ten unha superficie total de 53 m2 distribuídos nunha zona principal e un pequeno baño. Está totalmente acondicionada (con múltiples enchufes e conexións de teléfono e internet) e ten un armario incorporado para almacenamento. A calefacción é por acumuladores eléctricos.

O inquilino debe facerse cargo das facturas de electricidade, auga e lixo. O prezo inclúe á comunidade e debemos engadir o IVE e deducir a retención do IRPF que corresponda en cada momento.

Requirense garantías de solvencia para a formalización do contrato. A fianza é a esixida pola lei para os locais comerciais: 2 mensualidades de renda.