Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Terreo edificable con espectaculares vistas

Ref: 2352
Parcela
610 m2 de parcela.
Venda: 95.000 €

Terreo edificable na zona do Palomar, en Cangas, con vistas panorámicas á ría, de 611 m² e inscrito no Rexistro da Propiedade.

Descrición

Terreo edificable en Cangas, sito na zona do Palomar, Cimadevila, cunhas espectaculares vistas panorámicas sobre a ría, moi preto do núcleo urbano de Cangas e ademais perfectamente comunicado coa Autovía para o acceso directo e coas praias das zonas rurais sen necesidade de cruzar o centro.

É edificable e coas cesiones realizadas, e ten o acceso principal desde o Camiño do Palomar, unha zona residencial nas aforas do núcleo urbano. As distancias ata os puntos máis significativos en coche son:

- Rotonda de acceso á Autovía: 7 minutos.

- I.E.S. María Soliño: 3 minutos.

- Alimentación Bar Puri: 1 minuto.

- Praia de Rodeira: 10 minutos.

- Estación Marítima: 6 minutos.

Terreo baixo a ordenanza municipal URNU. Financiable, inscrito no Rexistro da Propiedade de Cangas.