Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Apartamento en Vilariño, Cangas

Ref: 2336
Piso
63 m2 construidos.
Bo estado
Planta 2
Venda: 99.000 €
Habitacións. . . . 1
Baños. . . . 1
Rocho. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente
Vivenda á venda á beira da praia de Vilariño, Cangas, de 1 dormitorio, amoblado, con calefacción e nun edificio con ascensor.
Descrición

Á venda este apartamento á beira da praia de Vilariño, zona situada entre o núcleo urbano de Cangas e Aldán, con bo acceso á rotonda da Vía Rápida, preto das mellores praias do Morrazo e á beira de servizos como restaurantes, supermercado, banco, farmacia, panadaría, etc.

Distribuído en cociña americana totalmente equipada, salón orientado ao oeste, moi luminoso, con zona de lavadoiro exterior, vistas ao mar, un baño completo con prato de ducha amplo con biombo e extracción e dormitorio amplo, con oco para armario encaixado, orientado tamén ao oeste (vivenda moi asollada desde o mediodía até o posta sol).

A vivenda conta con calefacción eléctrica e a auga quente sanitaria é por termo eléctrico. As xanelas son de aluminio e dobre cristal.

Véndese amoblada e con electrodomésticos. O edificio conta con ascensor e a venda inclúe rocho pero non praza de garaxe.