Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local preto do Corte Inglés e Vialia

Ref: 1524
Local Comercial
97 m2 construidos.
88 m2 útiles.
Acondicionado
Venda: 200.000 €
Aluguer: 650 €/mes
Baños. . . . 1
Calefacción: Bomba de calor
Aire acondicionado. . . .
Amoblado. . . .
Cual. Enerx.: G
En Rúa Cuba. Mobiliario e material de perruquería opcional.  
Descrición

Local comercial moi céntrico en Vigo, dispoñible dende o 01/01/2025.


Situado na rúa Cuba, a só uns pasos de El Corte Inglés e Vialia, nunha zona con alto tránsito peonil, rodeado doutros negocios como centros de estética, hostalería e un centro de saúde.


Características do local:

Superficie: 100 m² aproximadamente, distribuídos nunha zona central e dúas estancias independentes (unha con ducha e outra con instalación para lavandería/office) e un aseo.

Visibilidade: Dobre escaparate nunha rúa de gran visibilidade, ideal para atraer clientes.

Instalacións: Electricidade e fontanaría renovadas, termo eléctrico para auga quente, bomba de calor (aire acondicionado e calefacción), falsos teitos, paredes trasdosadas, iluminación LED, timbre e verxa motorizada.


Este local é perfecto para continuar cunha actividade de perruquería (consultar condicións de traspaso) ou para adaptarse a calquera outro tipo de negocio. Acolleu diferentes actividades no pasado, como tenda de animais, centro terapéutico, acupuntura, spa, tenda de decoración e interiorismo e oficinas, demostrando a súa gran versatilidade.


Condicións de alugueiro:

Alúgase sen mobles. Se che interesa o mobiliario e material específico de perruquería, consulta as condicións.

Esíxese unha fianza de 2 meses e garantías de solvencia, ademais dun aval bancario ou seguro de impago, imprescindible para formalizar o contrato.

Tamén dispoñible en vend (mobles non incluidos no prezo, consultar condicións). 


¡Non perdas esta oportunidade de establecer o teu negocio no corazón de Vigo! Contacta hoxe mesmo para máis detalles e para concertar unha visita.