Esta fabulosa vivenda atópase na parroquia do Hio, á beira dalgunhas das mellores praias do Morrazo, e con moi boa comunicación coa Vía Rápida.
É un chalé de pedra, de obra recente, distribuído en distintas alturas nun espazo totalmente aberto e comunicado entre si, que traslada sensación de amplitude e luminosidade.
Conta cun semisoto, como garaxe, con espazo mínimo para 2 coches, zona de lavandaría independente, un baño completo con ducha, unha despensa, un cuarto de instalacións e o silo para o almacenamento do pellets.
Á planta principal pódese acceder interiormente desde o semisoto ou polo exterior (entrada principal e traseira, ambas as dúas con soportal). Nesta planta temos un recibidor con armario encaixado, un amplo salón a doble altura, con zona de estar, con ventás e saída a unha amplísima terraza por xanelas corrredeiras batentes, unha cociña independente, totalmente equipada e de gran tamaño con ventás en todas as súas fachadas, un comedor que do mesmo xeito que a cociña conta con porta de saída ao soportal traseiro, 1 dormitorio con armario encaixado e un baño completo con ducha.
A través de escaleiras accedemos, en entreplanta, a unha acolledora zona de estar, aberta e con vistas ao mar, e continuamos polas escaleira á 1ª planta, onde hai 3 dormitorios con armarios encaixados e 2 baños completos, un deles dentro do dormitorio principal. Todas as estancias totalmente exteriores.
Na última planta preséntase unha estancia ampla e aberta abufardada con saída a un balcón tamén con vistas á ría de Aldán e 2 dormitorios independentes.
Toda a vivenda conta con amplas ventás tipo climalit e concretamente na fachada leste hay instalados nelas estores enrolables Screen. Carpintería de faia en toda a vivenda.
A casa conta cun sistema de calefacción por chan radiante que funciona mediante caldeira de pellets, tamén para o auga quente sanitaria.
A casa vese rodeada por un gran terreo (aprox. en total 1.800 m2). Na parte traseira (oeste) hai una construcción na que se atopa o pozo de barrena e instaladas placas solares. Na parte dianteira (leste) o terreo preséntase totalmente cha.
Conta cun muro de contención á vía principal, e un portal de entrada automático para coche automático e porta de a pé independente.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno