Casa con vistas despexadas á Ría de Pontevedra situada nunha finca pechada de case 1000 m2 con orientación oeste.
A parcela dispón de dúas entradas, unha dende o oeste, cunha pista de acceso cómodo directamente dende a estrada, e outra dende a parte leste.
A casa distribúese en soto, planta baixa e baixo cuberta.
A planta baixa, de 39 m2, é un espazo diáfano totalmente de madeira, nun moi bo estado de conservación, preparada para salón-comedor, unha habitación cunha cama de matrimonio e unha liteira.
No soto, de 38 m2, atópanse as instalacións e un espazo sen preparar que actualmente se emprega para almacenamento. Nesta planta atópase tamén unha zona de aseo sen preparar.
Á planta baixo cuberta accédese dende a planta baixa a través dun oco no teito. Esta planta ten moi pouca altura e pode emmpregarse como faiado.
A finca conta cun pozo con depósito para a agua. A agua quente é por termo eléctrico e non dispón de calefacción.
Dispón de pozo negro para aguas residuais, non está conectada á rede de sumidoiros nin á traída municipal de auga.
A casa é de madeira e conta cun bo illamento acústico e térmico.
A vivenda está moi ben situada, a tan só 10 minutos a pé do Porto de Combarro, a 2 minutos en coche da Praia de Chancelas e a 15 minutos do centro de Pontevedra.
Actualmente non se podería ampliar nin facer novas construccións no terreo, tan só obras menores de conservación e mantemento no interior da vivenda.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno