Cafetaría en funcionamento, con clientela habitual, situada no centro de Cangas, na zona comercial entre a Avenida de Marín e a rúa Noria, con todos os servizos a man.
O local foi reformado fai tres anos. Aproximadamente son 78 m2 útiles. Dispón dunha zona de cafetaría con mesas e cadeiras de brazos, dous baños, espazo destinado a almacén e unha terraza na súa fronte.
Zona de carga e descarga.
Traspásase con todo o que se atopa no seu interior (maquinaria, mercadoría, etc) e sen compromisos ou contratos con empresas publicitarias ou provedores.
Para o aluguer o inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga, lixo e comunidade. Ao prezo hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.
A fianza é a esixida por lei: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato.
Mapa de situación
A ubicación do inmoble é aproximada.
o seu entorno