Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa para rehabilitar con leira en Bueu

Ref: 4188
Casa
179 m2 construidos.
1.087 m2 de parcela.
Para rehabilitar
Venda: 125.000 €
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Asollada e con extraordinarias vistas á Ría de Pontevedra
Descrición

Casa antiga para rehabilitar, con leira, situada na zona do Outeiro en Bueu. Asollada e nunha contorna moi tranquila.

Pola súa localización, dispón de extraordinarias vistas cara á Ría de Pontevedra e ao centro urbano de Bueu.

A parcela ten un total de 1.087 m2, na que se sitúa a construción, de 179 m2.

Dita leira conta no seu interior cun hórreo (non protexido), un pozo de auga artesá e unha vivenda para rehabilitar, cos servizos de luz dados de alta.

Dispón tamén dun lagar artesanal para facer viño de máis de 100 anos de antigüidade.

O prezo inclúe o terreo e todas as súas construcións.