Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Parcela edificable en Cangas

Ref: 4092
Parcela
524 m2 de parcela.
Venda: 150.000 €

De 524 m2, moi asollada, con total accesibilidade e inscrita no Rexistro da Propiedade

Descrición

Terreo edificable, de 524m2, situado entre as rúas Ensinanza e Paraiso, a oito minutos andando do centro de Cangas, nunha zona ideal para vivendas de residencia habitual e preto da entrada á vía rápida do Morrazo.

Atópase nunha zona moi asollada. Conta con dúas frontes a camiño público e acceso directo a nivel da estrada.

Con forma regular e lixeiramente descendente, é ideal para vivenda en planta baixa, facilitando a súa total accesibilidade.

Inscrita
no Rexistro da Propiedade de Cangas.

Oportunidade, tanto para particulares, como para promotores ou investidores.