Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Adosado con terrazas e vistas á ría

Ref: 3992
Adosado
271 m2 construidos.
207 m2 de parcela.
Venda: 260.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Calefacción: Eléctrica
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Precioso chalé adosado, con amplas terrazas en cada planta, espectaculares vistas á ría, con porche e grellada en Cangas.

Descrición

Adosado na zona do Palomar, en Cangas, parte alta do municipio desde a cal as vistas á ría de Vigo son inmellorables. É unha zona moi tranquila e non demasiado afastada do centro de Cangas. Atópase tamén nunha zona de fácil acceso á estrada da Magdalena que comunica coa Vía Rápida.

Está repartida en catro plantas, semisótano con garaxe para 2 coches e zona de lavandaría con lavadora, secadora e lavadoiro, dispón tamén dunha gran zona de almacenaxe e consta de portal automático.

Planta baixa distribuída nun salón-comendor moi amplo con saída a unha terraza a través de xanelas balconeras con persiana eléctrica e cheminea de pelets, cociña independente amoblada con todos os electrodmésticos, zona para comer e acceso a través de xanela balconera a un porche con grellada, na planta baixa tamén se atopa un dormitorio con armario empotrado e baño amoblado con ducha.

Primeira planta destinada a 3 dormitorios, todos eles con armarios empotrados e o principal con baño con bañeira e acceso a outra gran terraza con vistas á ría, por último un baño xeral con ducha.

Baixo cuberta onde se localiza unha buhardilla preparada, con teito de madeira e bo illamento, como despacho e unha terraza con espectaculares vistas. As diversas plantas comunícanse entre se interiormente mediante escaleiras.

Conta con calefacción eléctrica e a auga quente é mediante termo eléctrico. O prezo de venda non inclúe os mobles.

Perfectamente situado para residencia habitual por proximidade a servizos principais e perfecta comunicación.