Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Excepcional chalé á venda en Hío e Aldán (Cangas)

Ref: 3982
Chalé Independente
587 m2 construidos.
486 m2 útiles.
2.316 m2 de parcela.
Impecable
Venda: 760.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 4
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Piscina privada. . . .
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

A poucos metros da praia. Asollado todo o día, con leira á súa ao redor, piscina, cenador e hórreo
Descrición

Chalé situado no lugar de Vilariño, parroquia de Hío, preto do Porto de Aldán, municipio de Cangas, a poucos metros da praia e moi preto doutras praias da comarca, con boa comunicación coa vía rápida do Morrazo e con servizos a man.

Componse de: soto, planta baixa destinada a vivenda e baixo cuberta. Dispón de piscina, amplo xardín, cenador con cociña e asador, hórreo e conta con gran luminosidade, ao darlle o sol todo o día.

A vivenda resulta excepcionalmente cómoda xa que, fronte ao que é habitual, sitúase exclusivamente na planta baixa, por tanto accesible ao cento por cento.

En canto á súa distribución, conta cun espazoso recibidor, ampla cociña con sol de mañá, salón-comedor moi amplo con porta acristalada pola que se accede directamente á zona de piscina e xardín, orientada ao leste e sur, con luz todo o día, cheminea de leña, catro dormitorios, todos con armarios e moita luz, un aseo e dous cuartos de baño. Ademais esta planta dispón dun porche orientado ao sur e outro a norte.

A planta de baixo cuberta, á que se accede por escaleiras interiores, atópase acondicionada e actualmente diáfana, para poder destinala a calquera uso futuro. Dispón de xanelas velux desde as que se pode ver a Ría de Aldán e conta con materiais de obra de primeira calidade.

O soto dispón de rampla e amplo garaxe, tendo tamén zona de aparcadoiro no exterior, na propia leira do inmoble.

En canto á calefacción, dispón de caldeira de gasoil de baixa temperatura e chan radiante, sendo tamén a auga quente sanitaria (ACS) polo mesmo sistema, dispondo ademais, de placas térmicas.

Excepcional inmoble, tanto para segunda residencia, como para vivenda habitual.