Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Terreo edificable en Serra Poñente

Ref: 3946
Parcela
492 m2 de parcela.
Venda: 85.000 €

De 492 m2 (aproximadamente) con acceso directo, asollada e próximo ao centro de Cangas

Descrición

Parcela rexistrada e edificable de 492 m2 aproximadamente (coa cesión ao Concello xa efectuada), situado en Serra Poñente, con acceso directo á vía pública de 12 ml (aprox.), orientación sur e sol todo o día. O solar está nunha zona moi tranquila, tipo residencial, preto do centro de Cangas camiñando e das praias da contorna (Areamilla, Liméns, Santa Marta).

Polas súas características (xeometría regular, planeidad, accesibilidade, localización, orientación e as vistas) fano un terreo perfecto para a construción dunha vivenda unifamiliar illada en calquera dos seus formatos (en varias alturas, con ou sen semisótano, con ou sen garaxe encostado, mesmo planta baixa).

É unha moi boa opción para unha casa HAUSS Modular, vivendas deseñadas e construídas en Galicia, con máxima calidade e durabilidad e nun tempo récord (en poucos meses podes ter a túa casa lista), grazas ao seu innovador proceso de fabricación. Mais información aquí.