Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso na zona do Real en Moaña

Ref: 3925
Piso
61 m2 construidos.
57 m2 útiles.
Semi-reformado
Planta 3
Venda: 104.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Cual. Enerx.: E

Terceira planta moi luminosa, de dous dormitorios, con ascensor. Activo bancario. Condicións especiais de financiamento.

Descrición

Terceira planta moi luminosa dun edificio con ascensor en Moaña. Activo bancario con condicións especiais de financiamento que poden chegar ao 100% (exceptuando mínimos gastos).

O piso distribúese en dous dormitorios, cociña independente, salón-comedor, dous baños con bañeira e tendal a patio de luces.

Moi asollado, con orientación sur e vistas á Ría de Vigo, tanto na cociña como no salón. Trátase dun piso perfecto para vivenda habitual ou tamén investimento para aluguer.

Está situado a catro minutos andando do Porto de Moaña e con todos os servizos a man.

A vivenda non está amoblada, nin dispón de electrodomésticos na cociña, aínda que si algún armario encaixado.

Non dispón de garaxe nin rocho e conta con varias escaleiras até o ascensor.

Ofrece ademais a vantaxe de poder financiar coa entidade propietaria do inmoble, optando a condicións especiais que poden chegar ao 100% (financiamento opcional).