Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con leira, asollada, nos arredores de Cangas

Ref: 3842
Chalé Independente
314 m2 construidos.
275 m2 útiles.
568 m2 de xardín.
989 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 285.000 €
Habitacións. . . . 4
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente

Composta de semisótano, planta baixa e baixo cuberta, con amplo xardín, asollada, con grellada e garaxe cuberto

Descrición

Vivenda de grandes dimensións na zona de Darbo (Cangas), preto da praia de Areamilla e con boa comunicación, tanto co centro do pobo, como co acceso á vía rápida.

Componse de planta de semisótano, planta baixa e baixo cuberta. Dispón dun xardín de aproximadamente 568 m2, garaxe cuberto e varios galpóns, un deles habilitado cunha cociña e grellada, e outro para os apeiros de labranza e xardín.

Na planta de semisótano atópase a caldeira e depósito de gasoil, a lavadora e amplo espazo para almacenaxe (adega). Pódese entrar desde o exterior ou por escaleira interior. A planta baixa distribúese en ampla cociña independente, cunha porta de saída á rúa, dous salóns, un grande e outro mediano e un espazo para comedor, así como un baño con bañeira e xanela. E accedendo por escaleira interior, subimos á planta baixo cuberta, moi luminosa e habilitada para vivenda, que dispón de catro dormitorios, todos exteriores, un deles cun baño en suite, e outro baño independente.

A leira dispón de diferentes árbores froiteiras e zona axardinada, con puntos de auga para rega e sumidoiros.