Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Hotel rural en Bueu preto do mar

Ref: 3834
Chalé Independente
617 m2 construidos.
266 m2 útiles.
3.500 m2 de xardín.
8.000 m2 de parcela.
Rehabilitada
Venda: 2.300.000 €
Habitacións. . . . 16
Baños. . . . 22
Rocho. . . .
Garaxe. . . .
Zonas comúns. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Gasoil
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Con bar, carpa de eventos, 3 cociñas... Totalmente equipado, en funcionamento e listo para comezar a traballar dende o primeiro día.
Descrición

Véndese Hotel Rural totalmente equipado por xubilación. Dispón de 15 habitacións dobres con baño, TV e aire acondicionado e é parcialmente autosuficiente (enerxía solar.
Actualmente en funcionamento e listo para comezar a traballar dende o primeiro día.

Tamén conta con dúas vivendas independentes dentro da propia finca.

Ademais, o hotel inclúe unha carpa para eventos de máis de 150 persoas con cociña e baños, un bar con gran terraza e grella, un comedor con cociña industrial no interior do hotel, unha sala de lectura, aparcamento privado, un punto de recarga de coches eléctricos e unha zona de lavandería con equipamento industrial.

O mobiliario e equipamento van incluídos no prezo.

A auga provén do abastecemento municipal e do seu propio pozo. A calefacción é de gasoil e conta ademais cun sistema de placas solares para auga quente.
Ademais, dispo de 24 paneis fotovoltaicos con acumuladores instalados recentemente para suministración de luz electricidad.

A casa rural foi construída no ano 1847 e reformada no ano 2002.
Está situada nun lugar moi tranquilo por onde pasa un río, na Península do Morrazo, unha das zonas con máis praias das Rías Baixas, con multitude de atractivos turísticos ao seu redor, entre os que se atopa o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada).

Nas proximidades tamén podemos atopar vilas e cidades galegas como Bueu (a 1 km) e Pontevedra ou Vigo, a menos de 30 km.

O hotel está preparado para alugar por habitacións ou por completo, así como para eventos privados como bautizos, vodas ou comuñóns.

Conta cun fermoso e coidado xardín de 3500 m2 con diferentes zonas para o uso e disfrute dos convidados.