Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa de pedra en Cangas con patio exterior

Ref: 3813
Casa
131 m2 construidos.
103 m2 de parcela.
Habitable
Venda: 135.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 2
Amoblado. . . .
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: F

Casa de pedra no centro de Cangas, en fronte do colexio Compañía de María, de 2 plantas, con patio exterior e habitable.

Descrición

Casa de pedra á venda en Cangas, no centro, xusto en fronte do colexio Compañía de María, a poucos minutos a pé do Mercado Municipal, Estación Marítima e Praia de Rodeira, e con boa comunicación en coche para a Vía Rápida.

A casa conta con dúas plantas habitables: planta baixa con sala de estar, dormitorios, baño completo e acceso a un patio exterior con lavadoiro; e planta primeira con cociña, comedor e 2 dormitorios, tamén con acceso exterior por escaleiras ao patio. Conta tamén cunha planta baixo cuberta sen acondicionar, como almacén.

Recibe sol tanto de mañá como de tarde por ter fachada leste e oeste.

Suministros de alta e con zona cercana de aparcamento.

Inmatriculación no Rexistro da Propiedade en trámite. Solo permitidas obras de mantemento, en ningún caso ampliación nin elevación.