Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Local comercial en Montero Ríos, Cangas

Ref: 3636
Local Comercial
100 m2 construidos.
Bo estado
Aluguer: 1.600 €/mes
Cual. Enerx.: C

Baixo comercial acondicionado dispoñible para aluguer no paseo de Montero Ríos, en pleno centro en zona comercial fronte da Estación Marítima de Cangas.

Descrición

Local comercial situado en Montero Ríos, zona excepcional en primeira liña, rodeado de actividade comercial, totalmente visible con ampla fachada e escaparate e en fronte á Estación Marítima e de Autobuses, á beira da Alameda Vella de Cangas e do Mercado Municipal e do Porto Deportivo.

En planta baixa a pé de rúa distribúese nun espazo aberto desde a entrada con dobre porta, un despacho independente e baño. Totalmente acondicionado, con armarios encaixados para almacenaxe e moi luminoso con amplas xanelas cara á rúa principal.

O inquilino debe facerse cargo dos recibos de luz, auga e lixo. O prezo inclúe a comunidade e hai que engadirlle o IVE e deducirlle a retención en IRPF que corresponda en cada momento.

A fianza é a esixida por lei para locais comerciais: 2 mensualidades. Esíxense garantías de solvencia para a formalización do contrato. Preferible a presentación de aval bancario ou garantía similar.