Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Casa con terraza e vistas na Zona Vella de Cangas

Ref: 3396
Casa
135 m2 construidos.
Reformado
Venda: 148.000 €
Habitacións. . . . 2
Baños. . . . 2
Calefacción: Eléctrica
Cociña amoblada. . . .
Cual. Enerx.: Pendente

Vivenda recentemente rehabilitada en plena Zona Vella de Cangas, con calefacción e terraza con vistas.

Descrición

Casa rehabilitada na Zona Vella de Cangas, preto da Estación Marítima e do Mercado Municipal, a 13 minutos a pé da praia de Rodeira e a pé da Avda. de Vigo.

Vivenda distribuída en 4 plantas:

- Planta baixa: recibidor de entrada e escaleiras de acceso á vivenda.

- Planta : comedor e cociña totalmente equipada con xanelas balconeras dobres á rúa Berbetaña.

- Planta : dormitorio principal con baño propio con prato de ducha e xanelas velux cara á rúa Síngulis; baño xeral completo con bañeira e dormitorio secundario con xanelas balconeras dobres á rúa Berbetaña.

- Planta baixo cuberta: espazo aberto de salón e estudo, con patio lavadoiro con acceso a unha terraza con vistas ao mar e ao casco urbano.

Armarios encaixados en dormitorios e aproveitamento para almacenaxe en zona baixo escaleira e descansillos.

Conta con calefacción eléctrica na 1ª e 2ª planta e estufa de pellets na planta baixo cuberta. A auga quente sanitaria é mediante termo eléctrico.

Recibe luz natural desde primeira hora na fachada leste e pola tarde na oeste, vivenda moi luminosa.

Non conta con praza de garaxe.

O prezo de venda inclúe a vivenda semiamoblada e con electrodomésticos.