Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Coworking media xornada en Cangas

Ref: 3294
Oficina
68 m2 construidos.
68 m2 útiles.
A estrear
Aluguer: 80 €/mes
Baños. . . . 1
Zonas comúns. . . .
Calefacción: Local climatizado
Aire acondicionado. . . .
Cual. Enerx.: A

En "Trebella: espazo de traballo". Dispoñible 6h,  de mañá ou tarde

Descrición

Posto de traballo, para media xornada (6h), de mañá ou de tarde, nun espazo de coworking con zonas comúns e climatización. Situado nunha estancia impresionantemente luminosa, con 2 enormes ventás, sol directo de mañá e vistas abertas. 
Mobiliario de calidade profesional. Equipado cunha mesa de traballo e unha silla directiva (regulable en altura, reclinable e con resposabrazos regulables).

Inclúe: Internet (fibra óptica de alta velocidade simétrica de 600 megas), climatización (aire quente e frío), seguro e gastos (luz, auga e lixo). IVE non incluído. Prezo pechado, sen imprevistos, para unha perfecta planificación.



Posto integrado en “Trebella” (espazo de traballo para empresas e profesionais creado por Lares), con acceso gratuito aos espazos comúns: sala de reunións capacitada tecnoloxicamente (televisión LED de 40'' conectada a ordenador con cámara e micrófono), sala de espera e descanso, cociña (con frigorífico, microondas, cafeteira, despensa, etc) e baño adaptado. Local ben illado (fachada ventilada, carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros con protección solar e acústica), coa máxima calificación enerxética: A. Instalacións de estilo e calidade que falarán de ti. 

Trebella atópase en Rúa Andalucía 10, no centro de Cangas, moi preto de Xulgados, Rexistro da Propiedade, Notaría, INSS, Correos, Servicios Sociais e Auditorio Municipal.

Máis oficinas dispoñibles no mesmo espazo:


TREBELLA.GAL