Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Chalet pareado con xardín e asador

Ref: 2105
Adosado
280 m2 construidos.
450 m2 de parcela.
Venda: 285.000 €
Habitacións. . . . 5
Baños. . . . 3
Garaxe. . . .
Zonas verdes. . . .
Calefacción: Eléctrica
Cual. Enerx.: Certificación pendente
Vivenda de recente construción en A Magdalena, próxima o centro de Cangas e orientada ao sur, con moita luminosidade
Descrición

Vivenda de recente construción, moi próxima ao centro de Cangas e a tan só uns minutos da vía rápida, situada nun lugar con orientación sur e moita luz. Executada con materiais de primeira calidade, tanto no interior do inmoble como no seu exterior, posúe excelentes acabados que lle confire un ambiente realmente acolledor.

Está repartida en catro plantas, dúas para vivenda, o soto destinado a un amplísimo garaxe para 2 coches, comunicado exterior e interiormente co resto da vivenda e a última para usos diversos. A planta primeira ten catro dormitorios, un deles destinado a estudo e o principal con baño propio, ademais doutro baño xeral. A baixa conta con baño, unha cociña amoblada e lavalouzas, un amplo salón-comedor cun espléndido proxector de cinema, e un cuarto destinado a estudo que dá paso a un soportal exterior cuberto, pechado, formando unha galería, que dá saída á parcela propia, onde se sitúa o asadero. Por último, o baixo cuberta permite un espazo destinado a varios usos ou zona de xogos, aberto sobre o núcleo da escaleira.

Acompañado por unha parcela de 450m2 axardinada en toda a súa superficie, a dúas alturas, a cal dispón dun acceso propio para vehículos, automatizado e entrada peonil con porteiro automático. A propiedade dispón de traída de auga e tamén de pozo artesán.

O sistema de calefacción é dobre, por unha banda acumuladores por discriminación horaria e por outra calor azul e o ACS (auga quente sanitaria) mediante gas propano (bombonas). Conta tamén con circuíto pechado de seguridade con cámaras e parabólica.

Varios detalles caracterizan a este estupendo inmoble, como son o carecer de elementos estruturais que entorpezan a mobilidade dos coches no garaxe, así como a súa estupenda localización e variabilidade de usos nas plantas de vivenda grazas á súa distribución contorna ao núcleo central das escaleiras.