Lares Inmobiliaria
986 329 975
https://www.lares.gal
 

Piso en Pedra Alta, Cangas

Ref: 1671
Piso
110 m2 construidos.
Venda: 165.000 €
Habitacións. . . . 3
Baños. . . . 2
Trasteiro. . . .
Garaxe. . . .
Calefacción: Calor azul
Amoblado. . . .
Cual. Enerx.: Pendente
Piso completo na Avda. de Bueu, á altura da Rotonda dos Mexillóns, con garaxe y ascensor.
Descrición

Piso completo de tres dormitorios totalmente exterior xusto na rotonda de Pedra Alta, situado na cuarta planta do edificio, luminoso e asollado.

Distribúese nunha ampla cociña con zona de comedor e saída á galería (na que se localiza a lavadora e a pila), sala interior na zona de entrada (con armario encaixado), tres dormitorios e dous baños (un con bañeira e outro con prato de ducha, ambos con xanelas a patio interior).

Dispón de dobre xanela en todos os ocos, calefacción por calor azul e auga quente sanitaria mediante termo eléctrico. Chans de madeira en dormitorios e corredoiro.

Conta con rocho na planta baixo cuberta, ascensor que chega ata o soto de garaxes e véndese tamén con praza de garaxe.